Facendo Hidrolato de Alecrin (Making rosemary hydrolysate)

in #steemstem6 years ago

Un saúdo!
A explosiva floración do alecrim na eira, as gañas de tirarlle o pó a pota de destilar arrinconada no faiado e ter lido as propiedades caseque máxicas do alecrim (Rosmarinus Officinalis) me animan na escrita de este post.
Vou por partes:

O Alecrin (Rosmarinus Officinalis)

O nome centífico do alecrín ou romeu Rosmarinus provén das palabras latinas "Ros" (=Resío) e "Marinus", por ser unha especie con querencia a mirar o mar; ou ben do grego "Rhops" (=Mato) e "Myrinos" (=recendente). O apelido "officinalis" usase para as plantas que teñen algún tipo de indicación medicinal.
É unha planta da familia das Labiadas, como moitas outras ervas aromáticas (xarxa, poexo, néboda ...)

Consulta as páxina da wikipedia na túa lingua para coñecer mais do Rosmarinus Officinalis

Romeu Alecrim Romaní Erromero Romero Rosemary

za929ydocx.jpg

Estado do vexetal no día de recolección

O que é un hidrolato?

Os hidrolatos son as augas resultantes de destilación por arrastre de vapor para a obtención de oelos esenciais de plantas aromáticas.

Usos do Hidrolato de romeu

O hidrolato de romeu usase como tónico muscular, estimulante para o pelo, antiarrugas, axuda a circulación etc.

O uso externo dos hidrolatos obtidos por destilación con arrastre de vapor resultan inócuos, de xeito que si non acadas os resutados pretendidos..., cando menos marcharás con un cheiro agradable. ! ;-)

Proceso de recolección e destilación.

Para levar adiante o proceso de destilación emprego un alambique de 25 L de capacidade.

Fase 1: Recolección

Sin saber canta materia vexetal podería procesar o destilador, apañei planta ata que considerei abondo. A recolleita fagoa o día 3 de Marzo a medio día. (Lúa nova)

3p6fwnhodq.jpg

_Aspecto do material o día da recolección

Fase 2: Mondado

Este é o monte de follas (onde atopase a parte útil -aceites-) listos para procesar. O peso da materia vexetal mondada foi de arredor de 5 kg.


94myvps7w5.jpg

Fase 3: Destilación

A capacidade útil para destilar da pota resultou de 3.5 Kg.
A falla de un destilador de columna, debín inxeniarme para aillar a parte verde da auga e realizar así unha correcta destilación.
Creei entón unha base dentro da pota con ladrillo depositando sobre el unha capa de polas que impediran ás follas despalilladas cair na auga.


xs9lrcrhhl.jpg

O resultado foron 3.5 L de hidrolato e unha pequena cantidade de oleo esencial que non cheguei a separar por falla de ferrammenta acaida (vasoflorrentino ou similar)


vvl0a3tglp.jpg

Vestixios de oleo esencial de alecrín na superficie do hidrolato

Analise do Coste do proceso

ActividadeCoste
Recollida e mondado1 Hora
Fariña triga (Sellar pota)100g
Destilación3.5 horas
Refrixerante (H2O grifo)Sin medir
Combustible1/3 Bombona

Consideracións finais

O resultado de aceite esencial obtido non se corresponde co sinalado en diversa literatura, que fala de obtencións de entre o 0.8 e o 1.4%. Este déficit pode ser debido a:
  • Intre de recolección (Horas do medio día, lúa nova, mes marzo) ¿?
  • Tipo de Terra (Rica en Nitróxeno ¿?
  • Variedade de Alecrín ¿?
A densidade do hidrolato é levemtnet superior á da auga (1003?)

densidade_edit.jpg

Lamento non dispoñer de un instrumento de maior precisión

O aproveitamento do aceite esencial é dificultoso pola súa adherencia nas paredes do frasco

aceite_parede_edit_resized.jpg

Ata eiquí chega esta miña reportaxe.
Unha aperta, e si queredes, nos seguimos lendo.

Sort:  

muy interesante! duda de idioma: el hidrolato es lo mismo que el alcohol?
Consigues obtener también el aceite de romero ? o lo desechas por la dificultad de sacarlo?
Es necesario que el romero este en floración para el proceso?
Muy buen aprovechado el alambique! a ver si me hago yo con uno!

Un saludo.
El hidrolato es la fracción """deshechable""" de la extracción del aceite por arrastre de vapor.
El aceite lo dejarë ahi e irá como emulsión en el hidrolato. Ya me haré con alguna herramienta q ayude a recoger mientras destilas.

Posted using Partiko Android

Thanks for using eSteem!
Your post has been voted as a part of eSteem encouragement program. Keep up the good work! Install Android, iOS Mobile app or Windows, Mac, Linux Surfer app, if you haven't already!
Learn more: https://esteem.app
Join our discord: https://discord.gg/8eHupPq

Coin Marketplace

STEEM 0.20
TRX 0.25
JST 0.038
BTC 96907.08
ETH 3380.66
USDT 1.00
SBD 3.23