You are viewing a single comment's thread from:

RE: Camões Project Needs Information - Projeto Camões Precisa de Informação ❓

in #steemit7 years ago

Non podo por menos que desexarlle (desexarnos) sorte no proxecto da difusión da lingoa da galeguía (Galego-Ṕortugués) dentro do Steemit.
Debo decir, embora, que creo que parte de unha definición restrictiva para chegar ós 250 millóns de falantes da lingoa galego portuguesa.

Permitame expresarme con amplitude:
Iniciado o proxecto GazetaGz, colectivo, mais non exclusivo do Steemit, acordamos trasladar o termo portugués e lusofonía ó concepto galeguía , tal como propón no seu artigo Aline Frazao .
Cito literalmente:

Galeguia, além de ter um som mais bonito, remete para a origem galaica da língua portuguesa e subtrai-lhe, elegantemente, o peso do passado colonial luso.

Compre non esquecer que a lingoa é unha cuestión de imperialismo cultural, que no seu momento adotaron tanto os portugueses como os españois (que manteñen o ataque frontal contra o galego ainda hoxe).

Entendo tamén, que asumir que o Portugués, a Lusofonía, a Galeguía, abrangue só a Brasil e Portugal é desmerecer ós pobos que teñen adoptada a lingoa xa non de Camoes, senon de Mendiño e os trovadores do século XII onde xermola de algún xeito unha lingoa que só é futuro e que concretouse nos Reinos de Galiza e Portugal, mais tarde segregados por mor das poíticas e guerras daquela.

Non considere a cuestión territorial como argumento determiñante; só pretendo argumentar a orixe da lingoa e como existe moito antes que os propios reinos e cuestións políticas, xa que a lingoa é un "algo" que nos posúe a partires do momento de entender, non algo que se poida fabricar.

Por outra banda, a CPLP (Comunidade de Paises de Lingoa Portuguesa) , abrangue a moitos mais paises que Brasil e Portugal: Compre incluir Angola, (onde temos usuarias confirmadas), Mozambique, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Guinea Ecuatorial, Timor Leste e Santo Tomé e Príncipe.
A Galiza, curiosamente, non ten sitio neste organismo, indudablemente pola presión española; pero outros lugares notables como GOA, lugar onde a cidade mais grande chamase "Vasco de Gama" tampouco.

Por outra banda, entendo que compre recoñecer -e sustentar tamén- as diversas crioulizacións que levan dandose sobre todo en África, mais que non faltan no Brasil.

Pretendo con este texto, facerlle unha chamada á ampliación da súa definición de Proxecto, que o leve mais aló, que sexa -sexamos, si desexa- mais abertos para recoñecer que na lingoa nativa van implicitos os sentimentos e os sentires que non seremos (eu non, vaia) de transmitir nunha lingoa traducida.

Ánimo, sorte, e unha vez mais, conte coa miña colaboración alí onde poida prestarlle axuda.
Saúde.

PS: Como pode ver, eu non falo portugués.... mais creo que falamos o mesmo idioma. :D

Sort:  

Sim, claro e toda contribuição é bem vinda. Obrigado por essa apresentação @freyman, vamos trabalhar juntos nisso. Obrigado!

Coin Marketplace

STEEM 0.17
TRX 0.15
JST 0.028
BTC 56769.00
ETH 2325.34
USDT 1.00
SBD 2.36