Agora, si. Re-comezamos.

in #python5 years ago

Xente, levou máis do que dixen, pero xa estou.

Vou comezar sen dar moita volta. Vouvos ensinar a facer un mapa en Python, a tratar os datos de xeito sinxelo, a incorporar a variabel tempo para ter un mapa que nos amose fenómenos temporais.

Contarei como fixen un mapa que xa teño rematado sobre a guerra de Siria, no que se amosan imaxes da zona antes e despois de ser destruida pola guerra e onde amosaremos o avance dos distintos contendes sobre territorio cada 3 meses entre o 1 de Xaneiro de 2012 e o 1 de Xaneiro de 2018.

Captura de pantalla de 2020-02-11 12-38-44.png

Todo foi programado empregando Python dende o Jupyter Notebook, facendo uso das librerias Pandas, Geopandas e Folium. Nesta última ten especial interese o plugin TimestampedGeoJson, sendo o encargado de crear a liña de tempo que nos permite viaxar pola variable temporal.

Unha parte da programación foi feita sobre o Calc de LibreOffice como atallo para construír certa parte de código HTML necesária para a formación dunhas xanelas emerxentes que xurden o facer click nas iconas.


Deixo aquí un vídeo explicativo de como funciona o mapa

Irei explicando o detalle, dende o tratamento dos datos ata a programación en Python, ata as sentencias lóxicas do Calc.

Imos vendo se vos vai gustando.

Coin Marketplace

STEEM 0.29
TRX 0.27
JST 0.044
BTC 101735.14
ETH 3679.67
SBD 2.59